Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os coches eléctricos e híbridos lideran a repunta de vendas en Galicia

Os coches eléctricos e híbridos lideran a repunta de vendas en Galicia

Este mes de febreiro aummentaron as vendas de turismos un 21,7 %

G24.gal 01/03/2022 21:02

Tras as dificultades de meses anteriores, as vendas de coches aumentaron en Galicia neste mes de febreiro un 21,7 % respecto ao mesmo período do ano pasado, o que triplica a media estatal do mes.

En total vendéronse 1.954 turismos, a maior parte, eléctricos e híbridos, que xa son os que máis se venden na nosa comunidade. Tanto é así que somos a sexta autonomía en volume de venda deste tipo de coches. De feito, aínda que tamén medraron as vendas de coches de gasolina, a dos diésel caeu.

Aínda así, fabricantes e concesionarios quéixanse de que seguen a ser cifras moito menores, un 38 % menos, ás do febreiro anterior á pandemia. A escaseza de stock pola falta de compoñentes e a pandemia son factores determinantes na lentitude da recuperación do sector aos que agora se une a incerteza internacional pola guerra de Ucraína.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar