Os corpos dos mariñeiros falecidos no Albacora Cuatro chegan a Galicia
Os corpos dos mariñeiros falecidos no Albacora Cuatro chegan a Galicia
Trasladados en coche dende Madrid
Este sábado daranlles o último adeus en Ribeira e Xuño
Os corpos dos mariñeiros falecidos no pesqueiro galego Albacora Cuatro chegan esta medianoite a Galicia.
Os cadáveres chegaron a Madrid na madrugada deste venres e despois trasladáronos estrada cara á nosa comunidade. Está previsto que este sábado sexan enterrados en Ribeira e Xuño.
Foi o pasado 15 de xuño cando dous dos tripulantes do buque perderon a vida debido á inhalación de amoníaco tras producirse unha fuga mentres o barco estaba a ser reparado nas Illas Seychelles.
Precisamente ao atoparse os cadáveres cheos deste gas tiveron que atrasarse os labores dos médicos forenses para evitar riscos.
Os falecidos foron o xefe de máquinas e o primeiro oficial do buque, ambos naturais da comarca do Barbanza.
En concreto, Anxo, de Palmeira, municipio de Ribeira, e Francisco, de Xuño, municipio de Porto do Son.
Co seu porto base en Vigo e bandeira española, o buque conta cunha eslora de 83 metros e a súa alta definitiva produciuse en 1989.
Este pesqueiro foi secuestrado no ano 2000 fronte aos costas de Somalia, cando pertencía a unha compañía vasca.