Cargando resultados...
Os coruñeses Lucas Yáñez e Unai Cereijo, subcampións da Copa do Mundo
Os coruñeses Lucas Yáñez e Unai Cereijo, subcampións da Copa do Mundo
Grande éxito dos galegos que tiveron que realizar unha campaña de crowfunding para poder custear a viaxe á competición
G24.gal
19/06/2023 16:24
Última actualización 19/06/2023 16:27
Lucas Yáñez e Unai Cereijo empezan a tempada internacional no podio coas súas medallas de prata na final da Copa do Mundo de patinaxe artísitico que terminou onte en San Juan (Arxentina).
Os dous patinadores do Maxia proclamáronse subcampións nas súas respectivas categorías, a sénior e a xuvenil, a pesar de que para ambos acaban de dar o salto a elas.
Gran exito dos coruñeses, que nos próximos meses afrontarán o Campionato de España e, se se clasifican, o Campionato de Europa e o do Mundo e que tiveron que realizar unha campaña de crowfunding para poder custearse a viaxe á competición.