Os cuartos premios deixan en Galicia máis de 23 millóns de euros
Os cuartos premios deixan en Galicia máis de 23 millóns de euros
O 91.179 deixa 23 millóns entre A Illa de Arousa e Caldas de Reis
A maior parte distribuíuse en participacións para a viaxe de fin de curso dos estudantes do instituto da Illa
A sorte chegou a Galicia da man de dous cuartos premios. Especialmente afortunadas dúas localidades da provincia de Pontevedra: Caldas de Reis e A Illa de Arousa, onde hoxe é día de festa.
A administración da Travesía do Cruceiro da Illa distribuíu décimos dos dous cuartos. A festa vén especialmente de parte do 91.179.
Unha fortuna moi repartida xa que se distribuíu a través de participacións de cinco euros polos alumnos do instituto da vila, que reunían fondos para a viaxe de cuarto da ESO.
Esta administración da Illa tamén vendeu unha serie do outro cuarto.
Caldas de Reis, outra localidade da provincia, foi tamén agraciada polo 91.179, que deixa aquí algo máis de sete millóns e medio. Foi o loteiro quen enviou aos seus compañeiros da Illa os décimos. En total, quedan en Galicia máis de 23 millóns da man do 91.179.
O outro cuarto, o 42.833, tamén mirou para Galicia e deixou a sorte moi repartida en numerosas administracións das catro provincias.