Os datos do CovidBens anticipan unha freada dos contaxios
Os datos do CovidBens anticipan unha freada dos contaxios
A carga vírica das augas residuais segue medrando, pero máis amodo
A ómicron é a variante hexemónica nas augas residuais da área da Coruña
O estudo CovidBens analiza a carga vírica que conteñen as augas residuais da cidade da Coruña e a súa área metropolitana. A actualización dos datos desta semana apunta a que, malia que a curva segue subindo, aminorou a marcha.
"Vemos que a pendente empeza a ser máis tenue", di Margarita Poza, coordinadora do CovidBens. Hai unha ralentización na suba, que anticipa a desaceleración dos contaxios. "Se nós vemos un pico, ese pico aparecerá uns días despois no sistema sanitario", explica.
Os datos do CovidBens úsanse como alerta temperá e, segundo Poza, esta semana aínda non permiten albiscar o pico desta sexta vaga.
O estudo CovidBens tamén analiza a evolución das variantes do virus. A ómicron xa representa o oitenta por cento da carga vírica das augas residuais da área da Coruña. Provoca menos síntomas graves, así que infeccións e hospitalizacións non levan o mesmo ritmo.