Que se xoga Galicia no debate?
Que se xoga Galicia no debate?
O deputado no Congreso e secretario xeral de Podemos Galicia Antón Gómez-Reino reclama medidas ambiciosas no último treito de lexislatura
No BNG, o deputado Néstor Rego pon o foco no cumprimento dos compromisos con Galicia en materia de infraestruturas
No Partido Socialista, o deputado galego Guillerme Meijón defende a política do Goberno de Pedro Sánchez
No Partido Popular, a deputada galega Marta González defende unha alternativa de Goberno baseada na baixada de impostos
O Congreso acolle desde este martes o Debate sobre o Estado da Nación, o primeiro de Pedro Sánchez como presidente do Goberno.
Os deputados galegos no Congreso analizaron esta mañá na Radio Galega os asuntos que se poñerán sobre a mesa no Debate sobre o Estado da Nación.
O deputado no Congreso e secretario xeral de Podemos Galicia Antón Gómez-Reino reclama medidas ambiciosas no último treito de lexislatura. Gómez-Reino asegura que a situación económica actual esixe "reafirmar o rumbo" do Goberno de coalición e pide iniciativas a prol de Galicia, como no ámbito das infraestruturas, sobre todo, despois do colapso do viaduto da A-6.
No BNG, o deputado Néstor Rego pon o foco no cumprimento dos compromisos con Galicia en materia de infraestruturas, reactivación da política industrial ou políticas sociais. Tamén sinala a importancia da posta en funcionamento da A-6 canto antes, sobre todo, para a circulación de vehículos especiais.
No Partido Socialista, o deputado galego Guillerme Meijón defende a política do Goberno de Pedro Sánchez. Asegura que as medidas significan un cambio de rumbo para afondar aínda máis na loita polas clases traballadores coa finalidade de que "ningúen quede atrás".
No Partido Popular, a deputada galega Marta González defende unha alternativa de Goberno baseada na baixada de impostos, a racionalización do gasto do Goberno e o redeseño dos fondos europeos.