Os empresarios cren que a reforma dos incentivos ao emprego se traducirán en menos contratos
Os empresarios cren que a reforma dos incentivos ao emprego se traducirán en menos contratos
Os sindicatos ven positiva a aposta pola contratación estable pero critican a falta de diálogo social
Coa taxa de paro en España á cabeza da Unión Europea, o Goberno busca incentivar a contratación dos colectivos con máis dificultades para acceder ao mercado laboral.
A partir de setembro as empresas que soliciten bonificacións nas cotizacións sociais deberán manter os contratos durante polo menos tres anos. Do contrario terán que devolver as axudas. Os empresarios cren que este requisito vai dificultar a contratación.
"Debemos buscar medidas que non poñan pegas á contratación. Salario xusto e certa estabilidade pero do contrario os empresarios buscarán outros modelos".
As pequenas e medianas empresas cren que a incerteza económica non axuda á estabilidade laboral.
"Que autónomo pode contratar unha persoa durante tres anos asegurando que vai ter traballo todo ese tempo. A economía está dando moitas voltas e se nun momento determinado ten que despedir, que vai pasar".
Os colectivos que poden beneficiarse dos incentivos son o dos mozos sen formación, as persoas en risco de exclusión social, os empregados de longa duración e os discapacitados. Os sindicatos ven positiva a aposta pola estabilidade do emprego pero piden axudas máis específicas.
"Se non adaptamos os perfís ás necesidades das empresas poderá volver pasar o que ocorre na actualidade. E dicir que non vai encaixar ben no que necesitan".
E din ademais as organizacións sindicais que a reforma se aproba sen diálogo social.