Os empresarios lamentan que o Goberno non contemple a conexión da terminal de Bouzas por tren
Os empresarios lamentan que o Goberno non contemple a conexión da terminal de Bouzas por tren
O Porto de Vigo reclama esta conexión, que considera imprescindible para a súa competitividade
Rematou o estudo coas alternativas para a saída sur ferroviaria de Vigo
O enlace con Bouzas é determinante para atraer novos tráficos de carga e descarga. Segundo os empresarios, perder esta oportunidade deixaría Vigo en desvantaxe.
A conexión permitiría mover nesta terminal case 185.000 vehículos ao ano, principalmente de Stellantis, pero tamén doutras fábricas do norte de España e Portugal.
Reclaman ao Goberno central que reconsidere a decisión de paralizar o proxecto, xa que sería a única terminal galega e das poucas en Europa sen conexión ferroviaria.
Finalizado o estudo das alternativas da saída sur ferroviaria de Vigo, agora ábrese o prazo para escoller a máis axeitada. Ambas pasan por converter Urzáiz nunha estación pasante para potenciar os servizos con Portugal.