Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os equipos de rescate detectan ruídos baixo a auga na zona onde desapareceu o Titán

Os equipos de rescate detectan ruídos baixo a auga na zona onde desapareceu o Titán

A operación de busca entra na súa fase crítica, xa que o osíxeno esgotarase en menos de 24 horas

Os EUA confirman a detección de sons na zona onde se busca o somerxible turístico con destino aos restos do Titanic

G24.gal 21/06/2023 13:52

Os equipos de rescate do submarino desaparecido durante unha inmersión ao pecio do Titanic detectan ruídos baixo a auga na zona do Atlántico norte onde se perdeu contacto coa embarcación.

A operación de busca entra na súa fase crítica, xa que o osíxeno no interior do somerxible, do que dependen os seus 5 tripulantes, esgotarase en menos de 24 horas.

A Garda Costeira dos Estados Unidos confirmou que un avión canadense especializado na loita antisubmarina detectou sons na zona do Atlántico norte onde desapareceu o Titán.
Segundo medios locais, o son repítense cada 30 minutos, polo que os traballos de rescate trasladáronse ata a zona onde se sentiu.

Un submarino operado por control remoto rastrexa o lugar, polo momento sen resultado positivo.
A busca do Titán e os seus cinco tripulantes converteuse nunha carreira contra o reloxo porque dentro do somerxible quedan menos de 24 horas de osíxeno.

Un dos membros do equipo que descubriu os restos do Titanic, o oceanógrafo Jules Jaffe, considera practicamente imposible atopar o aparato desaparecido antes de que esgoten as súas reservas de osíxeno.

"O peor lugar onde podería estar é o fondo mariño, o que implica que implosionou ou dalgún xeito se enredou, para angustia do capitán, no desastre do Titanic", explica Jaffe.

O contacto coa embarcación perdeuse este luns unha hora e media despois de que iniciase o descenso para chegar ao pecio do Titanic, situado a 3.800 metros de profundidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos