Os estudantes da USC volverán pagar 6,5 euros polos menús nas cafeterías universitarias
Os estudantes da USC volverán pagar 6,5 euros polos menús nas cafeterías universitarias
O prezo aplicarase a partir do luns
Para o resto da comunidade os menús manteranse en 7,5 euros e subirá a 8,5 para o público en xeral
A Universidade de Santiago de Compostela poñerá a partir do próximo luns 5 de febreiro un desconto nos prezos dos menús das cafeterías universitarias, que pasarán a custar para eles 6,5 euros, mentres que subirá os prezos para as persoas que non pertenzan á comunidade universitaria.
Segundo trasladou a USC a través dun comunicado, para o resto da comunidade universitaria o prezo dos menús manterase en 7,5 euros e subirá un euro, ata os 8,5 euros, para o público xeral.
Os estudantes que desexen acceder a este desconto tan só deberán identificarse na cafetería coa súa Tarxeta Universitaria de Identidade, dispoñible na app da USC.