Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os expertos avogan por levar a natureza ás cidades

Os expertos avogan por levar a natureza ás cidades

G24.gal 06/11/2021 15:01

Os expertos reunidos no foro de Carta de Santiago avogan por romper os lindes entre o mundo rural e as cidades. Para mitigar os efectos do cambio climático e de futuras pandemias, prestixosos arquitectos apostan por reconectar as urbes coa natureza.

A arquitecta Teresa Táboas advirte:

"Temos que rachar con esa vella idea de que se dean as costas o que é a cidade é o que o campo. A vangarda neste século XXI  é entender estás dúas realidades e coselas".


Nun mundo cada vez máis urbanizado, no que máis da metade da poboación mundial se concentra nas cidades, os expertos din que se fai imprescindible devolver a natureza ás cidades, como apunta, Pedro Calaza,  director da Escola Galega da Paisaxe.

 "Recuperar a presenza da vexetación nas cidades é clave porque redunda na mellor saúde a nivel poboacional e tamén a nivel ambiental".

 

 "Cando se meten espazos verdes nas cidades, o que se intenta é traer esa natureza dentro das cidades.O que tempos que facer non é un mero xesto, é ver que fixemos mal porque tivemos de costas dúas realidades que se necesitan porque finalmente as cidades precisan espoliar os territorios para acadar alimentos acadar enerxía, explia Táboas.

Con todo, os expertos din que os espazos verdes non poden ser simples parches. Urxen a recuperación da biodiversidade nos territorios como apunta o arquitecto Joan Roig.

"Hai que introducir a fauna nas cidades, porque iso é biodiversidade e iso é o que nos manterá vivos  ante epidemias, catástrofes naturais..." "Que hai que facer? 
Hai que lexislar non se pode deixar ao libre albedrío da xente que faga o melor posible.

 

É o camiño que marca a estratexia europea en materia de infraestruturas verdes e na que Galicia traballa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade