Publicador de contidos
Publicador de contidos

Profesionais da sanidade avogan pola medicalización das residencias de maiores

Profesionais da sanidade avogan pola medicalización das residencias de maiores

Outro dos retos está en conseguir unha maior humanización dos centros sociosanitarios

Para acadar eses obxectivos, reclaman que se invistan máis recursos

G24.gal 18/02/2023 14:41 Última actualización 18/02/2023 15:04

A pandemia amosou as debilidades do sistema sanitario e do modelo de residencias. Os profesionais do sector avogan por un novo modelo sociosanitario baseado na "medicalización" dos centros para mellorar os coidados e a calidade de vida das persoas maiores e doentes crónicos.

"O modelo sociosanitario ten un problema grave que se ve durante a pandemia e é que é moito máis modelo social que sanitario. Nós o que pensabamos e, de feito, aquí en Galicia fixemos unha experiencia piloto nese sentido, é que había que medicalizalo máis", destaca Antonio Pose Reino, médico internista do CHUS.

Outro dos retos está en conseguir que esa medicalización vaia da man dunha "humanización" dos centros sociosanitarios, pero para iso precísanse máis recursos.

"Hai moitas experiencias neste sentido, por exemplo, un grupo de rapaces ían visitar como un xeito de facer prácticas, unha vez á semana polo menos, un centro sociosanitario. Apadriñaban cada un unha ou dúas persoas maiores, pois nese centro sociosanitario a calidade de vida das persoas cambiou dunha forma radical", engade.

O doutor Antonio Pose asegura que "unha sociedade que non coida dos seus maiores é unha sociedade enferma", polo que insiste, hai que investir en sanidade, investir en tecnoloxía e tamén en humanidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade