Confían en que a crise do Silicon Valley Bank non teña repercusións sistémicas
Confían en que a crise do Silicon Valley Bank non teña repercusións sistémicas
A actuación dos reguladores financeiros nos Estados Unidos e na Gran Bretaña permitirá que os clientes recuperen os depósitos protexidos pola lei
O colapso de Silicon Valley Bank segue a xerar incerteza no ámbito financeiro, aínda que mitigado pola decisión dos reguladores estadounidenses para tomar o control dos depósitos bancarios.
A Corporación Federal de Seguros de Depósitos indicaba este sábado que é altamente posible que a clientela poida sacar cartos, pero con limitacións, xa o luns vindeiro. A cantidade asegurada por este organismo é de 250.000 dólares como máximo por persoa.
Mentres, o Banco de Inglaterra solicitaba, tamén este sábado, unha orde xudicial para declarar insolvente a filial do Silicon Valley Bank no Reino Unido. Neste caso, o obxectivo é que os depositantes poidan recuperar o máximo protexido pola lei británica de 85.000 libras, equivalente a 96.000 euros.