Os festivais de música atraen cada ano milleiros de visitantes a Galicia
Os festivais de música atraen cada ano milleiros de visitantes a Galicia
Galicia gaña terreo cada ano no sector do turismo cultural e os festivais de música teñen moito que ver. Escenarios rodeados de bosques ou fronte ao mar fan que unha chea de visitantes repita unha e outra vez.
O Son do Camiño moveu en tres días 134.000 asistentes coa marca de esgotar os abonos sen coñecer o cartel. Santiago foi eses días o epicentro musical deixando un alto retorno económico. A organización do festival crea 1.500 postos de traballo directos e máis de 5.000 indirectos cun retorno económico estimado de 90 millóns de euros.
Pero os festivais non se traducen só en cartos se non tamén en exportación da cultura galega. O Son do Camiño é o tiro de saída a unha serie de festivais de verán que traen ata Galicia milleiros e milleiros de persoas.