Cargando resultados...
Os fondos de recuperación xa beneficiaron 136.000 proxectos
Os fondos de recuperación xa beneficiaron 136.000 proxectos
España xa recibiu 31.000 millóns das axudas europeas
O Goberno estima que subirán en 3 puntos o PIB ata 2031
Antón Montero
22/12/2022 20:39
Última actualización 22/12/2022 21:09
A vicepresidenta primeira, Nadia Calviño, fixo balance da execución dos fondos de recuperación chegados da Unión Europea.
Calviño asegura que xa están tendo un impacto signficativo no tecido produtivo e explican o dinamismo da actividade económica e do emprego a pesar do complexo contexto internacional.
A ministra de Asuntos Económicos explicou que "España recibiu 31.000 millóns de euros do presuposto comunitario. O ritmo das convocatorias financiadas continúan arredor dos 2.000 millóns de euros ao mes que están chegando a 136.000 proxectos".