"Vostede sáenos moi caro, señor Sánchez", dille Gamarra ao presidente do Goberno
"Vostede sáenos moi caro, señor Sánchez", dille Gamarra ao presidente do Goberno
A voceira do Partido Popular, Cuca Gamarra, iniciou a súa intervención recordando a memoría de Miguel Ángel Blanco, asasinado pola ETA fai 25 anos, "este mesmo día e a esta mesma hora", dixo Gamarra, quen empregou parte da súa intervención para gardar un minuto de silencio.
A voceira dos populares responsabilizou a Sánchez de ter a ETA nas institucións a través do pacto ma memoria democrática con EH-Bildu.
Na súa resposta a Gamarra, Sánchez dixo que o PSOE traballou ao longo da súa historia "para que o terrorismo sexa unha política de Estado" e que "quen realmente utilizaron a dor das vítimas do terrorismo con fins espurios foron os dirixentes do PP".
A continuación Gamarra, responsabilizou a Sánchez da situación económica, como responsable máximo da inflación, "o imposto maior e o máis inxusto" e "o factor diferencial é vostede e o seu caótico goberno", espetoulle.
Gamarra pediulle ao presidente do Goberno que se sume ás propostas de Núñez Feijóo para rebaixar o prezo do recibo da luz. "Vostede sáenos moi caro, señor Sánchez", asegurou.
Cuca Gamarra, reprochou ao presidente do Goberno, que no canto de rectificar o rumbo e facer autocrítica optase por fuxir cara adiante e avisoulle: "serán os españois os que cambien de Goberno".
O PP acusou a Sánchez de usar o "manual do mal gobernante": negar a realidade, improvisar, evadir a responsabilidade, manipular e facer propaganda, onde rexeitou o último "mantra" de Sánchez, "iremos por todas".
"Por moita maquillaxe que poña, o precario, precario é, e o temporal, temporal é", agregou a portavoz do PP, poñendo en dúbida a mellora do emprego porque se produce tras o cambio nos contratos.
Sánchez pídelle ao PP que tome posición
Pola súa parte, o presidente do Goberno, volveu pedir aos populares que pacten a renovación dos órganos constitucionais, e dilles que se non o fan é "porque teñen outros intereses".
"Volven dicir que o principal causante da inflación é Pedro Sánchez, e polo tanto cando Pedro Sánchez non estea no Goberno o problema desaparecerá", dixo o presidente do Goberno, para a continuación pedirlle ao PP que se posicione e diga se vai apoiar as medidas anunciadas esta mañá.
"Vostedes din que temos a inflación máis alta de Europa, e o problema é que sufrimos a oposición que máis minte de uropa", asegurou Pedro Sánchez.
O presidente de Vox, Santiago Abascal, advertiu este martes que a situación de España é moi grave e corre o risco de ser dramática se continúa Pedro Sánchez no Goberno e recalcou que o país necesita xa unha alternativa que o expulse da Moncloa, para o que tendeu a man ao PP.
Na súa intervención no debate sobre o estado da nación, Abascal acusou a Sánchez de utilizar as institucións para os seus obxectivos persoais e intereses ideolóxicos e reiterou a súa intención de acabar con toda a "porcallada lexislativa" do Goberno de coalición.
O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, acusou a Abascal de estar fóra da realidade
O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, lamentou este martes que Vox tente insuflar medo, e fronte ás súas políticas apostou por lograr que os cidadáns devolvan a este partido "ao armario da historia".