Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os hoteis e residencias caninas de Ourense están cheos ata setembro

Os hoteis e residencias caninas de Ourense están cheos ata setembro

Cada vez máis xente demanda este tipo de centros para deixar os seus cans durante as súas vacacións 

É un dos sectores en auxe e garanten o coidado e todas as necesidades dos animais

Os tres que funcionan na provincia de Ourense xa teñen as prazas completas para todo o verán

G24.gal 24/07/2023 14:14

Os hoteis caninos son uns deses sectores que non deixan de medrar nos últimos anos. Garanten o coidado das mascotas mentres os seus donos marchan de vacacións. En Ourense están todos a rebordar xa desde o mes de xuño. 

Os tres que funcionan aquí na provincia de Ourense xa teñen as prazas completas para todo o verán e mesmo ata mediados de setembro.

As instalacións están pensadas para que os animais estean cómodos e con todas as súas necesidades cubertas, con comida, nalgúns casos con xogos, individuais ou colectivos, servizo de peiteado e paseos.

Os paseos adoitan ser individuais. Andros é un dos cans que pasa unha longa estancia de máis dun mes mentres o seu dono está de vacacións. Un servizo cada vez máis demandado. 

Aquí teñen todas as súas necesidades cubertas, comida, cama e unha atención personalizada dependendo do carácter de cada animal. Miguel Ángel é educador canino e di que tamén asesora os donos dos cans.

Tratan de que os cans estean o máis cómodos posible, como se estivesen na casa, aínda que é inevitable o estrés de botar de menos os seus donos.

Estes días de vacacións, as residencias e os hoteis caninos da provincia de Ourense están ao tope de traballo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar