A discriminación financeira da xente maior acentúase nos concellos do rural
A discriminación financeira da xente maior acentúase nos concellos do rural
O Banco de España comprometeuse a reunirse coas entidades para solucionar o problema
Case medio millón de sinaturas avalan a petición que lles esixe aos bancos que teñan un trato máis humanitario coas persoas maiores, moitas das cales non se entenden ben cos caixeiros automáticos e acaban sufrindo unha exclusión financeira.
Isto acentúase no rural, onde cada día hai menos sucursais bancarias, e moitas das que quedan reduciron notablemente os días e as horas de apertura ao público. Porque agora moitos dos trámites hai que facelos, de xeito obrigatorio, a través do caixeiro.
En Guntín, un concello duns 2.700 habitantes, chegou a haber tres sucursais bancarias. O ano pasado quedaba unha, que abría a diario. Agora abre dous días á semana.
A situación en Friol, outro municipio lugués duns 3.700 habitantes, é diferente. Na capital do concello hai dúas sucursais bancarias. Porén, a poboación de máis idade non domina o uso do caixeiro e está afeita a tratar co persoal para facer calquera operación.
O Banco de España comprometeuse a reunirse coa banca para solucionar a exclusión financeira das persoas maiores.