Os médicos de familia son partidarios de agardar para retirar a máscara en interiores
Os médicos de familia son partidarios de agardar para retirar a máscara en interiores
Javier Arranz, da Sociedade de Médicos de Familia, cre necesario esperar a que a incidencia do virus baixe máis e promover melloras na ventilación
Deixar de usar máscara en espazos interiores pode ser prematuro, segundo Javier Arranz, voceiro de Enfermidades Infecciosas da Sociedade de Médicos de Familia. Arranz prefire agardar ata que a incidencia do virus estea en niveis máis baixos.
Unha vez que se alcance esa situación, considera necesarias outras medidas para que sexa seguro suprimir o uso obrigado da máscara. Así, Javier Arranz propón promover melloras na ventilación e instalar medidores de CO₂. Tamén pide que as persoas vulnerables continúen utilizando máscara e que tamén sexa preceptiva en hospitais, residencias de maiores e cando se xunta moita xente.