Os mozos galegos da diáspora poderán ter o Carné Xove
Os mozos galegos da diáspora poderán ter o Carné Xove
A Xunta conta con que poidan telo antes de que finalice o ano
A Xunta facilitará que os mozos que residen na diáspora teñan acceso ao Carné Xove antes de que finalice o ano. Así o sinalou a conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, nunha visita aos participantes no campo de voluntariado para a emigración que se está celebrando en Castro de Rei, e no que estivo acompañada do secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e do delegado territorial da Administración autonómica en Lugo, Javier Arias.
Fabiola García sinalou que con esta medida a mocidade que reside na Galicia do exterior contará coas mesmas vantaxes que a que vive na nosa comunidade. Así, eles tamén poderán acceder aos descontos en establecementos turísticos, comercios, transporte, cinema, museos ou librerías aos que dá dereito o Carné Xove en todo o territorio nacional e nos 40 países europeos que están adheridos a este programa.