Os nacionalistas avalan a substitución do delito de sedición: "É un paso"
Os nacionalistas avalan a substitución do delito de sedición: "É un paso"
Moderada satisfacción do BNG, PNV e ERC coa reforma proposta polos socialistas e Unidas Podemos
Algúns dos partidos nacionalistas que facilitaron a investidura de Pedro Sánchez
amosáronse moderadamente satisfeitos coa reforma prevista para suavizar os delitos de sedición. Fixérono en Pontevedra antes dunha mesa redonda sobre a represión das identidades nacionais.
A vicevoceira parlamentaria do BNG, Olalla Rodil, o voceiro do PNV no Congreso, Aitor Esteban, e o exvoceiro de ERC no Congreso, Joan Tardá, avalaron este sábado a decisión do Goberno de substituír o delito de sedición polo de desordes públicas agravadas.
Destacaron que lles falta por coñecer con detalle e exactitude o texto e os cambios pero din que lles parece que "o que vai facer o Goberno español é unha homologación co resto dos Estados membros da Unión Europea e da nosa contorna".
Aseguran que é un paso adiante pero nada máis de momento.