Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os noivos homenaxean a tradición familiar na súa chegada á igrexa

Os noivos homenaxean a tradición familiar na súa chegada á igrexa

A moza presentouse en camión porque a súa familia é transportista

O home ía nun coche clásico pintado coma unha vaca leiteira, xa que son gandeiros

G24.gal 20/08/2022 19:38 Última actualización 20/08/2022 19:49

A chegada desta noiva de Chantada non pasa desapercibida. Sorprende, pero a presenza do camión está xustificada: a familia é transportista, así que acáelles ben.

A noiva está nerviosa ante a cerimonia, igual ca o noivo, que chegaba pouco antes nun vehículo moi aquelado.

A familia do noivo dedícase á gandería, así que cando atoparon este coche clásico pintado coma unha vaca leiteira, á familia dos contraentes pareceulles idóneo para o enlace.

Unha forma orixinal de comezar o matrimonio. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar