Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os nutricionistas din que non hai estudos que avalen a limitación do consumo de ovos

Os nutricionistas din que non hai estudos que avalen a limitación do consumo de ovos

Os especialistas responden á recomendación de Consumo de non pasar de catro ovos á semana

G24.gal 24/10/2022 14:45

Ovos fritidos, cocidos ou en tortilla. É un dos alimentos con máis presenza na nosa dieta.

Con todo, o Ministerio de Consumo recolle nas súas redes sociais unha recomendación de non exceder os catro ovos á semana.

Médicos e nutricionistas comparten que comer ovos é saudable.

"Asegúrao a Universidade de Harvard, a Fundación Española do Corazón. Neste momento non hai ningún estudo que diga que hai que limitar o consumo de ovos".

O ovo, din os expertos, é un dos alimentos máis completos, ademais debe estar presente na nosa dieta a diario.

"A nutrición é coma todo, vai evolucionando. Polo tanto, non hai que sacar á lixeira esas informacións".

A mala dieta e a falta de actividade física son, segundo os especialistas, os principais riscos para a saúde.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade