Cargando resultados...
Os Óscars volven ter presentador por primeira vez desde 2018
Os Óscars volven ter presentador por primeira vez desde 2018
Aínda non se sabe quen será o presentador da cerimonia que se celebrará o próximo 27 de marzo
No 2019 o presentador renunciara por mor dunha polémica nas redes sociais sobre unhas mensaxes de contido homófobo
G24.gal
12/01/2022 18:25
Volve a figura do presentador á gala dos Premios Óscar, que se celebrarán o 27 de marzo de 2022.
Leva sen mestre de cerimonias desde 2018 logo de que no 2019 o presentador renunciara ao seu posto por mor dunha polémica nas redes sociais sobre unhas antigas mensaxes de contido homófobo.
Nos dous anos seguintes tampouco houbo presentador, porén Academia de Hollywood xa anunciou que recuperan esta figura para a edición do 2022 pero, polo momento, descoñécese quen será.