Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os países da UE aproban o pacto de pesca para 2023 pechado co Reino Unido

Os países da UE aproban o pacto de pesca para 2023 pechado co Reino Unido

O regulamento publicarase no Diario Oficial da UE a finais de xaneiro de 2023, pero aplicarase de xeito retroactivo desde o día 1 dese mes

G24.gal 22/12/2022 19:13

O Consello da Unión Europea aprobou este xoves o acordo sobre as posibilidades de pesca para 2023 en relación cos recursos compartidos co Reino Unido no Atlántico nororiental e o mar do Norte, un pacto que a Comisión Europea xa confirmara o martes pasado.

O pacto fixa os dereitos de pesca para cen poboacións de peixes compartidas en augas da UE e do Reino Unido, incluídos os totais admisibles de capturas para cada especie en 2023, así como para certas especies das profundidades para 2023 e 2024.

O convenio marca reducións fronte ao 2022 na pesca do linguado común: 39 % menos no mar do Norte, 23 % menos no mar de Irlanda, 27 % menos no oeste de Irlanda e 23 % menos no Canal da Manga occidental. No caso do eglefino será un 22 % menos no oeste de Irlanda, o golfo de Biscaia ou en aguas portuguesas.

Tamén haberá disminucións do 78 % na pesca do xurel no mar do Norte, o oeste de Escocia, o mar de Irlanda, o oeste de Irlanda, o banco de Porcupine, o canal da Manga occidental, o canal de Bristol, o mar Celta e o suroeste de Irlanda. A mesma rebaixa aplícase no mar de Noruega, as illas Feroe, o norte dos Azores e Groenlandia.

Por outro lado, increméntanse as posibilidades de pesca do bacallao (63 % máis no canal da Manga oriental), do rapante (17 % máis no mar de Irlanda) e da cigala (12 % máis no oeste de Escocia e nas illas Feroe).

O regulamento sobre oportunidades de pesca para 2023 publicarase no Diario Oficial da UE a finais de xaneiro de 2023, pero aplicarase de xeito retroactivo desde o día 1 dese mes.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade