Os países da UE toman novas medidas para aforrar enerxía
Os países da UE toman novas medidas para aforrar enerxía
Francia pecha a auga quente dos edificios públicos e apaga a iluminación nas rúas
En Europa, os países avanzan en máis medidas para aforrar enerxía. Francia impuxo un máximo de velocidade nas autoestradas, Alemaña recomenda comprar roupa de la e Portugal aconsella poñer menos lavadoras para reducir a factura da luz.
A Comisión Europea ten claro que calquera intervención nos prezos do gas debe chegar en paralelo a súa redución da demanda e niso están os países da UE. No que vai de ano o consumo do hidrocarburo caeu un 7 %, unha redución significativa especialmente no norte do continente, pero só a metade do obxectivo do 15 %.
Por iso os 27 aproban novas medidas sorprendentes. Francia aposta por pechar a auga quente dos edificios públicos, agás nas duchas. Tamén apagará o alumeado público. O mesmo acontecerá nos carteis das rúas alemás.
En Polonia ofrecen incentivos e axudas públicas para mellorar a eficiencia enerxética dos fogares e tamén para substituír o alumeado público. En Bruxelas, o Parlamento quere dar exemplo e pechará a calefacción tres días a semana e o resto baixará a súa temperatura.