Os países iberoamericanos apostan desde Compostela polo I+D+I para a recuperación
Os países iberoamericanos apostan desde Compostela polo I+D+I para a recuperación
Na reunión participan as autoridades de ciencia e tecnoloxía de 22 países
As máximas autoridades en ciencia e tecnoloxía de 22 países iberoamericanos apostan desde Compostela pola investigación e a innovación como panca para a recuperación económica.
E debaten sobre retos comúns, como a mellora das condicións laborais dos investigadores, a superación da fenda de xénero na ciencia ou a preservación dos dereitos dixitais das persoas.
"Tamén outro reto, o da ciencia aberta, como facer chegar a ciencia á cidadanía para que poida tomar as súas decisións individuais en base á ciencia e se poida protexer ante as distintas crises", apuntaba a ministra española de Ciencia e Innovación, Diana Morant.
Galicia aproveitou ser a sede do evento para expoñer as súas potencialidades.
"Galicia está demostrando a súa capacidade con proxectos como o polo aeronáutico, os esforzos que se desenvolven no sector biotecnolóxico, nas propias tecnoloxías cuánticas", explicou o vicepresidente e conselleiro de economía Francisco Conde.
Na pandemia, a cooperación internacional en ciencia foi clave para superar un reto de saúde global sen precedentes en tempos modernos.
Os participantes nesta reunión traballan na creación dunha rexión iberoamericana científica e dixital, co portugués e o español como linguas de comunicación científica.