Publicador de contidos
Publicador de contidos

Especialistas en pneumoloxía ven necesario prohibir fumar nas terrazas dos locais

Especialistas en pneumoloxía ven necesario prohibir fumar nas terrazas dos locais

Lembran que a exposición pasiva ao fume do tabaco é tóxica

Apostan por equiparar vapeadores e cigarros electrónicos co tabaco

G24.gal 17/03/2024 13:01 Última actualización 17/03/2024 14:09

Un terzo da poboación é fumadora. Especialistas en pneumoloxía consideran unha medida de saúde pública necesaria, reducir a prevalencia do tabaquismo: evitando a incorporación de novos fumadores, axudando aos que queren deixar o hábito e protexendo aos non fumadores.

"A exposición pasiva ao tabaco asóciase a máis risco de enfermidades respiratorias como a asma, a EPOC, e tamén maior risco de enfermidades cardiovasculares, sobre todo cando é moi duradeira, por exemplo no caso dos profesionais da hostalería, tamén hai un risco para o corazón", Carlos Rábade, pneumólogo do hospital Clínico de Santiago.

Opina que se deben equipar os vapeadores e os cigarros electrónicos co tabaco convencional porque favorecen que a mocidade fume. E sinala o que considera unha das medidas máis eficaces para reducir o consumo de tabaco.

"O tabaco é moi barato, e hai que duplicar ou triplicar o prezo para evitar que os mozos se incorporen ao tabaquismo. E o empaquetado xenérico é outra das medidas que reduce a atracción dos mozos polo tabaco. Xa se está facendo nalgúns países como Australia", considera o coordinador da área de tabaquismo da Sociedade Española de Pneumoloxía e Cirurxía Torácica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade