Os reis, Leonor e Sofía saúdan centos de cidadáns fronte ao Palacio Real

Escoitáronse berros de “Viva o rei”, "Guapa Leonor" ou de “Feliz aniversario”

G24.gal 31/10/2023 18:42

Os reis Felipe VI e Letizia, a princesa Leonor e a infanta Sofía saíron á Praza de Oriente tras o xantar no Palacio Real para saudar e fotografarse con centos de cidadáns que os agardaban dende facía varias horas. A inesperada iniciativa foi acollida con berros de “Viva o rei”, "Guapa Leonor" ou “Feliz aniversario”.

O Palacio Real acolleu este luns unha comida na honra da princesa Leonor con motivo da súa xura da Constitución. Ao termo da comida, os invitados pasaron ao Salón Gasparini  para tomar o café, momento no que todos lle cantaron o “aniversario feliz” á princesa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade