Os sindicatos de traballadores de Ryanair anuncian unha folga de 5 meses
Os sindicatos de traballadores de Ryanair anuncian unha folga de 5 meses
A folga deixa a miles de galegos coa dúbida de poderán voar ou non nos vindeiros meses
Esta semana tamén houbo folga pero esta mañá non se rexistraron incidencias
A folga da aeroliña Ryanair vai continuar. Os tripulantes de cabina convocan cinco meses de paro ata xaneiro do vindeiro ano 2023.
Haberá folga todas as semanas de luns a xoves dende o 8 de agosto ata o 7 de xaneiro. Os voos que dende Galicia poderían verse afectados son os que ten Ryanair dende Santiago con 15 destinos nacionais e con 6 países europeos. Dende o aeroporto de Vigo o enlace da aeroliña con Barcelona tamén podería sufrir as consecuencias dos paros.
Por un lado, está a incerteza dos que teñen voos xa comprados e, pola outra, que a capacidade de viaxar sen escalas dos galegos se verá drasticamente reducida porque, é así, Ryanair achega a metade dos destinos que hai no aeroporto Rosalía de Castro. Sabendo da existencia destas folgas de luns a venres prevese que os galegos descarten comprar con Ryanair e as axencias de viaxes tamén ven reducida a súa oferta de produtos.