Cargando resultados...
Os sindicatos critican que o Goberno non pactase con eles as medidas anticrise
Os sindicatos critican que o Goberno non pactase con eles as medidas anticrise
G24.gal
27/12/2023 14:42
Os sindicatos están molestos porque as medidas non se pactaron con eles, aínda que están a favor das políticas que protexen as familias máis vulnerables. Unai Sordo puxo en dúbida a efectividade da redución do IVE dos alimentos, unha medida que defenden dende a Confederación de Empresarios de Galicia, e reclaman que se manteña a redución de impostos sobre a enerxía.
Tamén as comunidades de veciños estaban pendentes do IVE da luz e do gas para fixar as súas cotas de 2024, e os usuarios habituais do transporte público destacan a importancia dos bonos nos trens e as rebaixas nos billetes de autobús.
Os empresarios apuntan que o mantemento do imposto extraordinario á banca e ás eléctricas vai repercutir na economía das familias e nas empresas.