Cargando resultados...
Os socialistas galegos afrontan o reto de Rianxo nas municipais de maio
Os socialistas galegos afrontan o reto de Rianxo nas municipais de maio
O PSdG presenta un novo candidato para recuperar o concello barbanzán
G24.gal
12/03/2023 14:46
Última actualización 12/03/2023 15:20
A axenda de precampaña levou hoxe o líder dos socialistas galegos a Rianxo. Valentín González Formoso acompañou este mediodía a Oscar Rial na presentación da súa candidatura neste concello coruñés.
Tanto Formoso coma Rial amosáronse confiados en mellorar os resultados de hai catro anos, e recuperar o goberno do concello rianxeiro. Tamén apostaron por achegarse á cidadanía e profundar no valor da municipalidade.