Os socialistas galegos celebraron na Coruña a xornada municipalista de cohesión social
Os socialistas galegos celebraron na Coruña a xornada municipalista de cohesión social
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, censura a "insensibilidade" da Xunta, "con orzamentos sen medidas que consideren a carestía dos prezos"
O Partido Socialista celebrou unha xornada municipalista na Coruña. Foi un acto centrado na cochesión territorial, que contou coa presenza de varios cargos orgánicos do partido, alcaldes, o líder do PSdeG e a ministra de Política Territorial.
Todos reivindicaron as políticas sociais como a mellor ferramenta de cohesión e empoderamento da cidadanía.
A vogal da executiva do PSOE, ministra de Política Territorial e voceira do Goberno, Isabel Rodríguez censurou a falta de proxecto do PP e do seu líder e crtiticou a Alberto Núñez Feijóo porque dixo que a súa achega á política nacional foi "normalizar a corrupción".