Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os talibáns ordenan o veto a mulleres nas universidades de Afganistán

Os talibáns ordenan o veto a mulleres nas universidades de Afganistán

"Invádeme a ira, a desesperanza, unha sensación de impotencia e culpa. Ningún paso adiante e un retroceso tan inmenso para Afganistán nos últimos 16 meses", publicou en Twitter a activista afgá Shaharzad Akbar.

G24.gal 20/12/2022 20:04

As mulleres non poderán asistir ás universidades en Afganistán, segundo unha orde publicada este martes polo Goberno dos talibán, nun novo movemento de opresión do réxime fundamentalista,que xa prohibiu hai un ano a educación secundaria de nenas.

A carta dirixida ás autoridades das universidades do sector público e privado instrúe os centros para prohibir todo tipo de educación para mulleres "con efecto inmediato e ata novo aviso".

A decisión de hoxe está precedida da prohibición á educación secundaria feminina imposta desde que os talibán chegaron ao poder en agosto do ano pasado.

"Temos que atopar formas novas e creativas de manter a luz acesa para que a loita continúe", di a activista Shaharzad Akbar.

Con todo, os islamitas prometeran en varias ocasións que permitirían a educación das mozas unha vez que atopasen un modelo de ensino que se adecuase á sharía ou lei islámica.

Aos longo de case ano e medio, a estas restricións sumáronse a outras nun continuo retroceso dos dereitos humanos para as mulleres, como a segregación por sexos en lugares públicos, a imposición do burka ou a obrigación de ir acompañadas dun familiar masculino en traxectos longos.

"Invádeme a ira, a desesperanza, unha sensación de impotencia e culpa. Ningún paso adiante e un retroceso tan inmenso para Afganistán nos últimos 16 meses. Temos que atopar formas novas e creativas de manter a luz acesa, para que a loita continúe", publicou en Twitter a activista afgá Shaharzad Akbar.

"Era o meu soño"

Hai escasamente dous meses que miles de mozos de todo o país presentaron as probas para os ingresos ás universidades, o que supoñía para miles de mozas unha das últimas oportunidades para acceder á educación superior. 

Entre elas atópase Fatima Amiri, unha moza da perseguida minoría xiíta hazara, que perdeu un dos seus ollos nun ataque suicida nun centro educativo de Cabul e que aínda coas feridas daquel atentado presentou as probas de ingreso e logrou un posto nunha das principais institucións de Cabul. 

Estudar informática "era o meu soño", contou Amiri a EFE cando se coñeceron os resultados de admisión. 

A pesar de que prometeron que cambiaran, os talibáns repetiron o comportamento do seu anterior réxime entre 1996 e 2001, cando en base a unha ríxida interpretación do islam e o seu estrito código social coñecido como pastunwali prohibiron a asistencia feminina ás escolas e recluíron ás mulleres no fogar. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade