Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os talibáns celebran en Cabul o primeiro aniversario da súa toma do poder

Os talibáns celebran en Cabul o primeiro aniversario da súa toma do poder

Celébrano diante da embaixada de EUA un ano despois de expulsar as súas tropas de Afganistán

O Emirato Islámico está illado e sofre unha atroz crise humanitaria e económica

G24.gal 15/08/2022 19:16 Última actualización 15/08/2022 20:07

Hoxe fai un ano desde que os talibáns entraron en Cabul e tomaron o control de todo Afganistán. O país vive sumido desde aquela nunha crise económica e humanitaria que castiga especialmente ás mulleres e ás nenas.

365 días despois de expulsar as tropas norteamericanas e tomar o control de Cabul, grupos de fundamentalistas talibáns celebran a súa independencia diante da embaixada dos Estados Unidos.

Un ano de cambios profundos, que para a nova sociedade afgá deixa poucos motivos para a celebración. O Emirato Islámico está illado do mundo, lonxe de conseguir a paz, coa economía á beira do colapso e sumido nunha crise humanitaria que pagan especialmente as mulleres.

Obrigadas a vivir baixo a Sharía islámica, foron excluídas da vida política e social do país. Só se lles permite traballar en ámbitos como a sanidade e négasenlles dereitos básicos como o da educación.

Esta exfuncionaria do Goberno afgán asegura que viven na escuridade máis absoluta e sen opcións de futuro, posto que as escolas para nenas de 12 a 18 anos levan un ano pechadas.

Organizacións humanitarias de todo o mundo denuncian tamén un aumento da violencia e dos crimes contra os dereitos humanos perpetrados por un réxime non recoñece a comunidade internacional.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade