Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os talibáns obrigan a decapitar os manequíns femininos nas tendas afgás

Os talibáns obrigan a decapitar os manequíns femininos nas tendas afgás

Os extremistas islamitas din que os manequíns incitan á luxuria dos homes

G24.gal 17/01/2023 09:35

Desque os talibáns recuperaron o poder en Afganistán, no verán de 2021, o réxime está centrado en impoñer a súa visión estricta do islam e en limitar as liberdades sobre todo de mulleres e nenas. A última directiva talibana é ordenarlle aos comerciantes decapitar os manequíns. Consideran que a exposición de mulleres a través destas figuras é contraria á sharía, á lei islámica, que prohíbe as representacións humanas.

Din os talibáns que os manequíns fomentan a luxuria nos homes. Nalgunhas tendas optaron por esquivar a orde cubrindo a cabeza das figuras, con perrucas, panos, ou ata con papel de aluminio, pero esa medida non contentou aos talibáns.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar