Os talleres particulares retrasan as reparacións por falta de pezas e os dos concesionarios por escaseza de man de obra
Os talleres particulares retrasan as reparacións por falta de pezas e os dos concesionarios por escaseza de man de obra
Os talleres particulares retrasan as reparacións por falta de pezas e os dos concesionarios por escaseza de man de obra
Nos talleres dos concesionarios o maior problema e o que máis retrasa os tempos para as reparacións é a falta de man de obra cualificada.
Nos concesionarios teñen marcado no calendario este 2025 como o ano do cambio para comezar a renovación dun parque móbil con coches de ata vinte anos de antigüidade.
O parque móbil español, e tamén o galego está envellecido, con moitos coches de máis de quince anos de antigüidade. Nos últimos anos os talleres mecánicos atópanse con dous problemas que ralentizan as reparacións dos vehículos, a falta de pezas para os arranxos nos establecementos particulares e a escaseza de traballadores cualificados nos concesionarios. Como consecuencia os clientes asumen grandes tempos de espera para reparar os seus vehículos.
Desde hai varios anos os talleres mecánicos particulares teñen coches varados, sen reparar durante meses, por falta de pezas. A maioría dos vehículos son moi vellos, moitos modelos nin se fabrican xa e os desgüaces non dan feito. Pero cando falamos dos concesionarios, coma este de Vigo, os problemas na lentitude nas reparacións son doutra natureza. No último semestre melloraron o subministro das pezas pero non o da escaseza de persoal.
"Non hai un cambio xeracional. Moitas veces xubílanse os nosos compañeiros que levan anos e que son uns grandes profesionais. E non hai ese relevo xeracional de xente formada que poida estar realizando a actividade. É moi complexo. O parque en Galicia está realmente envellecido. Hai moito coche en torno aos quince e vinte anos. Son coches que xa para o uso e a seguridade non son boas alternativas. Pero si que envellecimos moito o parque porque temos retrasado moito a compra do vehículo novo", explica a TVG Moisés González, o xefe de vendas de RODOSA.
Os motivos polos que non cambiamos o coche vello polo novo son dous: o prezo dos vehículos e a incerteza sobre que tecnoloxía se impoñerá.