Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os tests de antíxenos para entrar en España teñen unha validez de 24 horas desde hoxe

Os tests de antíxenos para entrar en España teñen unha validez de 24 horas desde hoxe

A decisión é froito dunha recomendación da Unión Europea, explica a Dirección Xeral de Sanidade 

G24.gal 01/02/2022 10:31

A validez das probas de detección de antíxenos para entrar en España redúcese desde hoxe a 24 horas en lugar das 48 que tiña ata agora, segundo publica este martes o Boletín Oficial do Estado.

Esta decisión é froito dunha recomendación da Unión Europea, segundo explica a resolución da Dirección Xeral de Sanidade, relativa aos controis sanitarios que se deben realizar nos puntos de entrada de España.

Ata agora admitíanse como válidos os certificados de proba de detección de antíxenos de mostras obtidas dentro das 48 horas anteriores á chegada a España.

O certificado da proba diagnóstica deberá incluír, como mínimo, a seguinte información: nome e apelidos do titular, data de recollida da mostra, tipo de proba realizada e país emisor.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos