Cargando resultados...
Os tres sobreviventes están ben, pero moi afectados animicamente
Os tres sobreviventes están ben, pero moi afectados animicamente
O patrón do barco superou un choque hipotérmico
Juan, Eduardo e Samuel á súa chegada ao hotel
G24.gal
20/02/2022 09:47
Última actualización 20:30
Os tres superviventes do pesqueiro Villa de Pitanxo agardan nun hotel de Terra Nova o regreso a Galicia. Son Juan Padín o patrón do barco, o seu sobriño Eduardo Rial e o mozo ghanés Samuel Kwesi, residente en Marín.
Atópanse ben, pero cansos e moi afectados animicamente, especialmente o patrón, que superou un choque hipotérmico. Agora só pensan en volver coas súas familias canto antes.
O avión do Exército do Aire que os vai repatriar chegou ao Canadá sobre as catro e media da tarde, hora galega. Este luns, de se cumpriren as previsións oficiais, xa estarán na casa.