Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os veciños queren saber onde está o cruceiro de San Mauro de Pontevedra

Os veciños queren saber onde está o cruceiro de San Mauro de Pontevedra

O último temporal de novembro tirou o monumento e, aos poucos días, desapareceron os restos

G24.gal 09/12/2024 14:27

O cruceiro de San Mauro, en Pontevedra, data do século XVII e parece, porén, que lle pasaron máis cousas nestes últimos tempos que en todos eses séculos de historia. Logo dunha profunda restauración, tivo o monumento a mala sorte de que ata tres coches o danaron en manobras de aparcamento. Quedou nun estado moi delicado, cunha gran fenda e apuntalado. Quedou, porén, custodiado por uns veciños que non cesaron en loitar pola súa conservación e advertir de que estaba en perigo. Din "non foi por non avisar". Caeu co paso da borrasca Bert en novembro.

Eulogio Sartier Martinez, presidente da asociación de veciños de Moldes-Mourente di que "están moi dolidos porque isto foi avisado seis meses antes, que ía caer porque a fenda que tiña cada día estaba máis aberta e o concello de Pontevedra pasa de todo, a Xunta de Galicia pasa de todo e a Diputación tamén pasa". 

Puntualiza Sartier que "caeu o cruceiro o sábado, que chamou á Policía Local advertindo de que había qe retirar os anacos por se alguén o podía levar e pouco menos que me dixeron que calara e, finalmente, o martes desapareceu o que quedaba de cruceiro, a cruz e o varal, non sabemos se o retirou o concello, se o levou a Igrexa ou quen". Queren saber onde están os restos e están dispostos mesmo a levalo pola vía xudicial. 

Agardan unha pronta resposta das institucións e lembran que o cruceiro estaba hai anos na súa localización orixinal e protexido cunha estrutura de ferro, que foi trasladado sen motivo aparente e que na localización actual está máis exposto a todo tipo de accidentes. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade