Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os vehículos almacenados saturan a terminal de Bouzas

Os vehículos almacenados saturan a terminal de Bouzas

A pandemia desaxustou a loxística maritíma e prodúcense atascos puntuais para sacar a mercadoría 

O Porto de Vigo ofrece espazos alternativos para a almacenaxe de vehículos

G24.gal 03/10/2022 14:55

Da terminal de Bouzas parten cara a todo o mundo uns catrocentos mil vehículos ao ano. É o maior espazo do porto de Vigo, pero hai épocas en que queda pequeno. 

"O porto de Vigo está a sufrir unha conxestión dende hai anos", explica o presidente da federación de usuarios, Enrique Mallón. Son atascos puntuais que atribúe, en primeiro lugar, á reactivación da demanda tras o confinamento. 

A pandemia revolucionou a loxística a nivel mundial, e aínda hai atascos nas rutas marítimas e nos portos de destino. Mentres, aquí a produción vai a bo ritmo, así que o stock de vehículos aumenta, pero non dan saído da terminal e hai que habilitar alternativas para almacenalos. 

"Ofrecemos zonas próximas á terminal, como Plisán, para axudar un pouco", di Jesús Vázquez Almuíña, presidente da Autoridade Portuaria. Explica que a conxuntura actual débese sobre todo aos atascos noutros portos europeos, destino dos vehículos que almacenan aquí. 

Tamén hai vehículos parados porque non chegan as compoñentes para rematalos, así que dende a Federación de Usuarios do Porto cren que falta espazo. Esperan que a construción dun novo silo axude a aliviar a situación. Prevén que o segundo silo estea completado en 2026, e que a crise na subministración de compoñentes remonte xa a partir do ano que vén. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade