Publicador de contidos
Publicador de contidos

Óscar Gilsanz: "É importante estar un chanzo máis preto do primeiro equipo"

Óscar Gilsanz: "É importante estar un chanzo máis preto do primeiro equipo"

O técnico valorou o ascenso á 2.ª RFEF

G24.gal 23/04/2023 20:03

Fixo as tarefas o Fabril gañando en Calabagueiros e xa non necesitou mirar para o resultado do Arousa en Vilalba. A vitoria do filial branquiazul supuxo o ascenso de categoría, que celebrou en Valdeorras coa súa afección. O técnico Óscar Gilsanz analizou o obxectivo conseguido.

"A pesar de estaren descendidos tiñan xente con moita calidade e sabiamos que había que estar pendentes do noso. Creo que ao final aconteceu o que cumpría. A festa como dicía Arsenio, rapidamente cha quitan dos fuciños. Os rapaces agora si, divírtense. Para un filial, o importante é a cercanía co primeiro equipo, que poidan chegar. Dar un paso máis é importante para os rapaces".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade