Estabilizado o lume de Ponte Caldelas que deixa 380 hectáreas calcinadas
Estabilizado o lume de Ponte Caldelas que deixa 380 hectáreas calcinadas
As lapas xa non son un perigo para núcleos de poboación
As lapas avanzaron con virulencia na parroquia de Xustáns, en Ponte Caldelas, e estendéronse cara ao parque forestal da Fracha e a parroquia pontevedresa da Canicouva. O incendio segue activo, pero nas últimas horas os servizos de extinción lograron estabilizalo
Tamén se desactivou a situación 2 de perigo tras remitir o risco para núcleos de poboación.
Coa expansión das lapas este sábado, estímase que levan ardido unhas 380 hectáreas de monte. A situación implicou o desprazamento da UME ata o monte da Fracha.
Na Canicouva os veciños non pegaron ollo dada a proximidade do lume, aínda que non se aproximou ás vivendas, ameazaba con facelo se cambiaba a dirección do vento. Houbo que cortar a subministración eléctrica para facilitar o traballo dos equipos de emerxencia.
Traballan no lugar medios aéreos con 8 avións e 11 helicópteros e máis dun cento de persoas nas brigadas terrestres, que contaron co apoio da veciñanza para o control do incendio.