Cargando resultados...
Paquistán evacúa 50.000 persoas por unhas inundacións que xa suman 1.200 mortos
Paquistán evacúa 50.000 persoas por unhas inundacións que xa suman 1.200 mortos
As peores inundacións da última década no país deixan un millón de vivendas destruídas
G24.gal
02/09/2022 13:05
Paquistán viuse obrigado a evacuar máis de 50.000 persoas durante as maiores inundacións da última década, nas que morreron unhas 1.200 persoas e desbordaron a capacidade de resposta do país, mentres UNICEF advirte de que 3,4 millóns de nenos necesitan axuda humanitaria.
As autoridades afirmaron que o país conta con 147 campamentos nas zonas afectadas. Unhas 1.200 persoas, incluidos 399 nenos, morreron por mor das inundacións, que deixan ademais máis de 3.600 feridos, más dun millón de casas destruídas total ou parcialmente e varias aldeas arrasadas.
O Goberno calcula que os danos das inundacións ascenden polo menos aos 10.000 millóns de dólares.