Parada de Amoeiro exhibe as súas carrozas artesanais autopropulsadas
Parada de Amoeiro exhibe as súas carrozas artesanais autopropulsadas
No desfile deste ano participaron 38 carruaxes de Entroido polas parroquias do concello
Desfilou un dragón articulado, un barco xigante, unha esfinxe, unha quenlla e un armario da Barbie móbil
Actualidade, deporte, moda, sociedade... todos os temas teñen acollida no Entroido de Parada de Amoeiro. Este ano foi o de máis participación, con 38 carrozas desfilando e facendo a visita polos lugares do concello, o colofón a un traballo de meses.
O dragón articulado, que comezaron construír en novembro, foi sen dúbida un dos elementos máis destacados do desfile. Pero tampouco pasaron desapercibidos o barco xigante, a esfinxe, a quenlla e o armario da Barbie móbil.
As carrozas son autopropulsadas polo que os condutores teñen que esmerarse ao máximo. Un traballo que fan con agrado malia que é dificultoso. Algunhas das carrozas están tan ben feitas que mesmo participaron en Entroidos doutros concellos.