Publicador de contidos
Publicador de contidos

Folga polo convenio da banca; os traballadores paran por primeira vez en 34 anos

Folga polo convenio da banca; os traballadores paran por primeira vez en 34 anos

Demandan un incremento salarial do 13 % fronte ao 10 % proposto pola patronal

G24.gal 22/03/2024 14:45

Parada histórica de 24 horas na banca, porque é a primeira folga sectorial de banca nos últimos 34 anos. E todo pola falta de acordo salarial na negociación dun novo convenio, que dende hai meses mantén enfrontados a sindicatos e patronal.

O que os traballadores piden é unha suba do 13 por cento en tres anos. Consideran insuficiente a oferta que a patronal pon enriba da mesa dun 10 por cento en catro anos, tendo en conta os beneficios acadados no sector.

Segundo os sindicatos, uns beneficios de 88.000 millóns de euros, e este último ano 26 mil, e engaden que son a única das tres patronais do sector financeiro que non foron quen de acadar un acordo digno para os cadros de persoal da banca.

Máis de 80.000 traballadores en todo o Estado e 2.600 en Galicia que xa anuncian que ata que non haxa acordo continuarán cun calendario de mobilizacións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade