Publicador de contidos
Publicador de contidos

Paula Carballeira, premio Nacional de Literatura Dramática

Paula Carballeira, premio Nacional de Literatura Dramática

O Ministerio de Cultura concédelle o premio á autora galega pola obra As alumnas

O xurado destacou a obra "por ser un eloxio do maxisterio que ensina sobre a dúbida e o debate e pola recuperación dunha muller referente para o ensino galego"

G24.gal 01/09/2023 16:19

A dramaturga Paula Carballeira Cabana foi galardoada co Premio Nacional de Literatura Dramática 2023, que concede o Ministerio de Cultura e Deporte, pola súa obra As alumnas, dotado con 30.000 euros.

O xurado destaca a obra da autora galega "por ser un eloxio do maxisterio que ensina sobre a dúbida e o debate. Polos seus valores dramáticos, a riqueza de matices e pola recuperación dunha muller referente para o ensino galego, símbolo da educación moderna, igualitaria e transformadora que propoñía a II República".

Así mesmo, o xurado quixo poñer en valor como "a autora, a través dunha investigación rigorosa, propón ao público un texto que homenaxea a todos os mestres e ao modelo de escola laica, libre e dunha pedagoxía avanzada

O xurado estivo presidido por María José Gálvez Salvador, directora xeral do Libro, do Cómic e da Lectura do Ministerio de Cultura e Deporte; e como vicepresidenta actuou Almudena Hernández da Torre Chicote, subdirectora xeral adxunta da Subdirección Xeral de Promoción do Libro, a Lectura e as Letras Españolas do Ministerio de Cultura e Deporte.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade