Perdas de 20.000 euros por un ataque de lobos con máis de 30 ovellas mortas en Monterroso

A manda de lobos atacou a menos de 200 metros das casas

A manda de lobos atacou un rabaño de 160 ovellas moi preto das casas nesta aldea de Monterroso
G24.gal 30/10/2023 20:29 Última actualización 30/10/2023 20:35

Un gandeiro de Monterroso contemplana impotente os efectos do ataque. Comezaba o día cando un veciño o avisou de que vira as súas ovellas correndo pola aldea de Tarrío fuxindo dos lobos. Os animais daniños deixaron un rastro de ovellas mortas nun radio de dous quilómetros. En total, morreron 32, e polo menos unha ducia máis terán que ser sacrificadas polas feridas sufridas.

Este gandeiro, que contaba cun rabaño de 160 exemplares, di que este ataque supón un duro golpe e unhas perdas que superan os 20.000 euros. Axentes medioambientais levantaron acta dun ataque que causou preocupación nesta aldea de Monterroso. Os veciños saben que o lobo anda cerca e, de feito, non é a primeira vez que ataca.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade