Publicador de contidos
Publicador de contidos

50 anos da súa morte: Picasso transitou da infancia á adolescencia na Coruña

50 anos da súa morte: Picasso transitou da infancia á adolescencia na Coruña

G24.gal 08/04/2023 15:16 Última actualización 08/04/2023 16:58

A familia Ruiz Picasso desembarca na Coruña en outubro de 1891 e instálase no segundo andar do número 14 da rúa Paio Gómez, moi preto da escola provincial de Belas Artes, onde o pai conseguira praza de profesor. Pablo está a piques de cumprir dez anos. Aquí cursa secundaria con notas discretas e tamén comeza os estudos de arte. Na Coruña nace o xenio.

"Aquí nace o Picasso clasicista, o paisaxista, o etnográfico, o Picasso que asume unha conciencia crítica, o Picasso precubista. AquÍ nace o Picasso que inventa inconografías que perdurarán para sempre", explica Antón Castro, comisario da exposición sobre Picasso que actualmente pode verse no Museo de Belas Artes da Coruña.

O escaparate dunha moblería da rúa Real acolleu a primeira exposición individual de Picasso, unha mostra que recibiu eloxios na prensa da época e na que había sobre todo retratos e paisaxes. O mar e o faro romano, que el chamaba a Torre de Caramelo, aparecen nos seus debuxos e óleos. A morte prematura da súa irmá Conchita precipita a marcha da familia, que se traslada a Barcelona en abril de 1895. Pablo Picasso só pasa tres anos e medio na Coruña, pero foron fundamentais na conformación do artista. 

Do Todo Picasso que queda da Coruña? Quedan moitas cousas.  Para entender o Todo Picasso hai que entender previamente o que pasou na Coruña"

As claves do que pasou mentres o xenio transitaba da infancia á adolescencia están na ruta Picasso da Coruña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade