Publicador de contidos
Publicador de contidos

Piden protección para un mural de Urbano Lugrís pintado nun bar de Santiago

Piden protección para un mural de Urbano Lugrís pintado nun bar de Santiago

O mural pintouno Lugrís en 1954 na mesma parede do bar, que agora é un 100 Montaditos

Piden protexer esta obra, que pasa desapercibida no corazón turístico de Compostela

G24.gal 08/08/2023 12:22

Dá a impresión de que o enorme mural non se acaba de distinguir ben na parede deste local. A pesar das súas dimensións, a clientela ten que fixarse para velo.

"Este é o sitio en que decidiu pintar un mural de oito escenas no que está todo o seu mundo submarino, onírico, ese surrealismo galego que el tan ben soubo plasmar", di Henrique Alvarellos.

Un traballo por encargo realizado na época máis brillante do autor. Daquela fixo máis murais para espazos públicos en Santiago, e noutras cidades. 

"Milleiros de persoas pasaron por diante das obras de Lugrís, e esta pasou desapercibida, no Franco, para composteláns e forasteiros. Ninguén se decata de que hai unha gran obra de arte que hai que protexer. Ten un metacrilato que é unha rápida solución, para que ninguén vaia cun dedo tocala, pero precisa un estudo técnico, unha protección", comenta Alvarellos.

Agora que fai 50 anos da morte de Lugrís, o colectivo In Nave Citivas e Alvarellos editora demandan a posta en valor, a protección e a declaración como ben de interese cultural da súa obra. Mañá mesmo, na feira do libro da Coruña, terá lugar un acto baixo o lema "Reivindicamos o acceso á beleza".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar